logo
LoginEmpieza ahora
  • Tarifas
  • Noticias
  • Contacto
LoginEmpieza ahora
ActualidadNegociosDeportesCulturaEstilo de vidaTecnologíaSaludEconomíaCienciaSociedadFormación
  1. Comunicae
  2. Noticias
  3. AEIGA reúne en Santiago a representantes das asociacións de empresas de inserción de todo o Estado
Galicia

AEIGA reúne en Santiago a representantes das asociacións de empresas de inserción de todo o Estado

Santiago de Compostela
05 octubre 2022

A xornada serviu para analizar a reforma da Lei 44/2007, con motivo do XV aniversario da súa aprobación

AEIGA reúne en Santiago a representantes das asociacións de empresas de inserción de todo o Estado

AEIGA reúne en Santiago a representantes das asociacións de empresas de inserción de todo o Estado

Representantes de asociacións de empresas de inserción de España

Autor/copyright: AEIGA

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) reuniu o pasado luns en Santiago de Compostela a asociacións de empresas de inserción de todo o Estado con motivo do XV aniversario da Lei 44/2007.

O acto ‘Promoción das Empresas de Inserción. Actualidade e retos de futuro’, que se celebrou no Hotel NH Santiago de Compostela o 26 de setembro, rexistrou unha importante participación en streaming e presencial.

O evento acolleu a empresas de Canarias, Asturias, Murcia, Madrid, Andalucía, Aragón, Castela A Mancha, Castela e León, Cantabria, Estremadura, A Rioxa, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco, Illas Baleares ou Cataluña.

O obxectivo foi visibilizar a dimensión que adquiriron estas entidades nestes quince anos de traxectoria. A xornada enmarcouse nos actos de ‘Santiago de Compostela, capital española da economía social’ e no programa de Eusumo para 2022.

RETOS NOS CONTRATOS RESERVADOS
A mañá comezou cunha mesa redonda na que se abordou a situación dos contratos reservados, coa participación da secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca; a presidenta de AVEI, María Teresa Lázaro; o responsable de Medio Ambiente e Sostibilidade de ‘Moda re-‘, Alberto Egido; o presidente de CESAGAL, José Antonio Vázquez; e a presidenta de AEIGA, Isabel Fraga.

Posteriormente, tivo lugar o acto institucional ‘Promoción das Empresas de Inserción’, coa presidenta de AEIGA, Isabel Fraga, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado.

A presidenta de AVEI, María Teresa Lázaro, presentou o ‘Decálogo: Retos en materia de contratos reservados’, que recolle as principais cuestións a abordar neste ámbito: establecemento de porcentaxes de reserva;  mecanismos de control do grao de cumprimento; o fomento do diálogo co sector e melloras nos procedementos de licitacións.

REFORMA LEXISLATIVA
Ademais dun vídeo conmemorativo, celebrouse a mesa  ‘Modificación da Lei 44/2007’, sobre a importancia de atallar a reforma para adaptarse á situación das persoas en risco.

Participaron a directora general de Trabajo Autónomo, Economía Social y Responsabilidad Social de las Empresas do Ministerio de Trabajo y Economía Social, Maravillas Espín, a vicepresidenta de Faedei, Marisa Esteve, o presidente de FEICAT e director de ‘Moda Re-‘, Albert Alberich, a presidenta de Gizatea, María José Rodrigo, e o representante de AMEI, José Miguel Bautista.

Centráronse nas demandas das entidades no marco desta reforma: regulación normativa en tódalas comunidades, a convocatoria anual de axudas en todos os territorios, a declaración SIEG, a non suxeición do Réximen de Mínimis, o recoñecemento co  Selo de Inclusión Social do Ministerio, a declaración expresa como entidades sen ánimo de lucro, o impulso de mecanismos para evitar o intrusionismo, e unha regulación específica da temporalidade dos contratos de inserción no marco da actual Reforma laboral.

A xornada foi clausurada por Isabel Fraga, Maravillas Espín, e a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Sociedad, Galicia, Eventos, Solidaridad y cooperación, Recursos humanos
¿Eres periodista y necesitas más información?

Regístrate ahora en Comunicae Media. ¡Es gratis!

Ir a Comunicae Media

Noticias populares

  • Seragro reivindica una innovación con los pies en la tierra tras su paso por Fruit Attraction 2026

  • Aniversario Nicols 2026: más de un siglo de tradición, familia y pasión por la joyería

  • Actualización TerraMaster TerraSync: compartir archivos y sincronización bajo demanda en Mac

  • Juan Arturo Contreras y su nueva etapa tras el Distintivo ESR® otorgado a Corporativo Legal Contreras Doce

  • Mallorca BJJ & Yoga Festival 2026 crece un 8% en inscripciones para su edición de otoño

Categorías
SociedadGaliciaEventosSolidaridad y cooperaciónRecursos humanos
Contacta con nosotros
  • info@comunicae.com
  • BCN +34 931 702 774
  • MAD +34 914 872 174
Acerca de
  • Quiénes somos
  • Equipo
  • FAQs
Recursos
  • Comunicae Media
  • Blog
  • Comunicae TV
Idioma
  • Español
  • Inglés
Síguenos
  • Síguenos en Facebook
  • Síguenos en Instagram
  • Síguenos en Twitter
  • Síguenos en LinkedIn

Made with from Barcelona

Aviso legal · Términos y condiciones · Política de Cookies · Política de privacidad
Comunicae 2026. Todos los derechos reservados