logo
LoginStart now
  • Pricing
  • News
  • Contact
LoginStart now
NewsBusinessSportsCultureLifestyleTechnologyHealthEconomyScienceSocietyTraining
  1. Comunicae
  2. News
  3. Galicia acadou no mes de febreiro a cifra de viaxeiros máis elevada dos últimos sete anos
Galicia

Galicia acadou no mes de febreiro a cifra de viaxeiros máis elevada dos últimos sete anos

Santiago de Compostela
23 March 2016

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, no pasado mes de febreiro Galicia rexistrou un crecemento no volume de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros galegos do 11,8% superando os 172.000. A comunidade incrementou tamén as pernoitas rexistradas no segundo mes do ano nun 13,9% neste caso ata acadar máis de 315.000 neste pasado mes.

É o terceiro ano consecutivo no que Galicia rexistra unha mellora dos seus niveis de demanda hoteleira no mes de febreiro acadando neste ano as cifras máis elevadas dos últimos sete anos no que se refire aos viaxeiros e dos últimos seis anos en canto ás pernoitas.

A nivel estatal rexistrouse tamén un comportamento positivo da demanda hoteleira, con melloras do 12,4% no relativo tanto á cifra de viaxeiros aloxados como ás pernoitas. En termos de mercado, o turismo interno –aquel representado polos residentes en Galicia- superou nun 1,5% a súa cifra de viaxeiros aloxados.

Pola súa parte, o turismo nacional –aquel conformado polo españois procedentes doutras comunidades autónomas- incrementou no pasado mes de febreiro a súa cifra de viaxeiros nun 23,4% e as súas pernoitas nun 34,1% acadando, con máis de 152.000, o nivel máis elevado desde febreiro de 2008.

En canto ao turismo internacional, a nosa comunidade incrementou neste segundo mes do ano nun 12,6% os seus viaxeiros e nun 4,8% as súas pernoitas. Este mercado representou no pasado mes de febreiro o 14% do total das pernoitas hoteleiras rexistradas na nosa comunidade.

A nivel territorial a nosa comunidade rexistrou un comportamento positivo da demanda hoteleira en todas as provincias galegas. A Coruña e Pontevedra rexistraron os incrementos máis destacados, superando nun 14,6% e 16,1% respectivamente os niveis de demanda do pasado ano. Lugo amosou tamén unha dinámica importante, cunha suba do 12,6%. Pola súa parte, Ourense rexistrou un crecemento do 7,0% neste caso.

A estadía e os niveis de ocupación nos hoteis e pensións de Galicia melloraron tamén neste segundo mes do ano nun 2% e 1,9 puntos porcentuais respectivamente. Así mesmo, Galicia incrementou as súas tarifas hoteleiras no segundo mes do ano, nun 8,2%, o que levou a unha suba dos niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período de 2015 incrementándose o RevPAR nun 18,7%.

Primeiro bimestre de 2016
Nos dous primeiros meses deste ano 2016 Galicia rexistrou un incremento da súa cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da comunidade, do 10,7% en relación ao mesmo período do pasado ano, rexistrando preto de 320.000. Así mesmo, a nosa comunidade rexistrou un crecemento das súas pernoitas hoteleiras dun 10,4% neste caso, rexistrando máis de 575.000.

É o segundo ano consecutivo no que Galicia rexistra unha mellora dos seus niveis de demanda hoteleira nos dous primeiros meses do ano situándose neste ano no nivel máis elevado desde o 2012. A nivel estatal rexistrouse tamén unha mellora dos niveis de demanda hoteleira, do 11,4% no relativo á cifra de viaxeiros aloxados e do 10,4% no que atinxe ás pernoitas.

En termos de mercado, o turismo receptor nacional incrementou as súas pernoitas nun 24% e os seus viaxeiros nun 21%. Pola súa parte, o mercado internacional reiterou neste ano o crecemento rexistrado xa en 2015 superando as pernoitas rexistradas no pasado ano nun 4%. En relación aos niveis de ocupación, o sector hoteleiro de Galicia mellorou esta cifra en 1,8 puntos porcentuais.

O contido desta noticia foi publicado primeiro na web da Xunta de Galicia

Galicia

Popular news

  • Juan Arturo Contreras y su nueva etapa tras el Distintivo ESR® otorgado a Corporativo Legal Contreras Doce

  • Mallorca BJJ & Yoga Festival 2026 crece un 8% en inscripciones para su edición de otoño

  • Shanghái acoge la 48.ª WorldSkills, con foco en el futuro de la educación en habilidades vocacionales

  • Huelva acoge una jornada para ayudar a pymes y autónomos sobre los cambios en facturación y gestión laboral

  • Nanjing inaugura un 'corredor de museos' de 1.800 metros para redefinir el turismo cultural urbano

Categories
Galicia
Contact us
  • info@comunicae.com
  • BCN +34 931 702 774
  • MAD +34 914 872 174
About
  • Who we are
  • Team
  • FAQs
Resources
  • Comunicae Media
  • Blog
  • Comunicae TV
Language
  • Spanish
  • English
Follow us
  • Síguenos en Facebook
  • Síguenos en Instagram
  • Síguenos en Twitter
  • Síguenos en LinkedIn

Made with from Barcelona

Legal notice · Terms and conditions · Cookies policy · Privacy policy
Comunicae 2026. All rights reserved